sexta-feira, 14 de maio de 2010



LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.

Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.

Todo bruído sin nome é un agoiro.


Uxío Novoneyra. 1930/1999

quinta-feira, 6 de maio de 2010

San Miguel



Quedou claro, non?

sexta-feira, 30 de abril de 2010

quarta-feira, 21 de abril de 2010

terça-feira, 23 de março de 2010

sexta-feira, 29 de janeiro de 2010

Onde comunicarse é máis complicado








Quedei sen cobertura no móbil todo o tempo que estiven na comarca. Esa horrible dependencia obrigoume a chamar á miña nai dende unha cabina, dentro dun bar. Era un pequeno habitaculo feito de madeira, a modo de sauna, dentro do bar. Non foi doado. Tiven que agardar porque non había liña...

Folgoso do Courel. Novembro do 2009.

quinta-feira, 21 de janeiro de 2010

quarta-feira, 20 de janeiro de 2010

A NEVE








Nevou na comarca! Cando se fala de neve, pensamos en frío, en abrigarse, e no ben que se está na casiña quentiña... Pero eu tamén penso en saír a disfrutala, xa que non é moi corrente que a neve calle no Ribeiro. Só foi unha tarde, mais foi placenteira e a paisaxe tornouse diferente.

quarta-feira, 30 de dezembro de 2009

BO DOUS MIL DEZ



Outro ano máis que se vai... e cada vez pasan máis rápidos!

Que teñades un feliz dous mil dez!

sexta-feira, 28 de agosto de 2009

A gata...



... xa leva un ano con nós !

O mellor café...



... é o da Brasileira !

A menina do acordeón


... en Melgaço.

Botas



... e baldosas.

San Francisco



... dende a Colmea.

sexta-feira, 21 de agosto de 2009

OS MARCOS: CONFLITO ETERNO...



O grande Luis Davila (ao que sigo todolos dias, e vós tamén deberíades facer o mesmo: http://obichero.blogspot.com/) hoxe fixo lembrarme a miña avoa (en paz descanse, que en vida traballou moito), que tuvo unha longa etapa da sua vida dando o coñazo con que lle movían os marcos dos montes! Volveron mover o marco ai diormio! E ala estaba, tentando colocar o marco (que non se movera) no seu sitio (todo fora pra gañar uns centimetros ó perímetro do monte...)...
Cousas d@s vell@s de antes...

sexta-feira, 14 de agosto de 2009

O rio Arenteiro // Pazos



- Boas tardes
- Boas tardes
- Andades a tomar o sol?
- Si, o sol e a sombra...
- Moi ben, eu vou ver se engano a algunha por aí...
O pescador viña coa súa cana, apareceu de súpeto, entre as rochas das beiras do caudaloso Arenteiro. Andaba lixeiro, seguro que se vai camiñando cos ollos pechados, non cae. Tantos anos percorrendo ese río na procura de troitas... imaxino.
- E logo eiquí que hai? peixe?
- Troita
- Hai troita?? Ainda queda algunha?
- Ainda, pero menos. Antes había máis. No Avia hai máis. Pero agora hai xente alí... (sinala coa cabeza cara a dereita e cara atrás, cara unha zona do río (xa xuntado co Avia) onde nos soemos poñer, unha pequena praíña).
Ademáis agora non se pode andar ca miñoca... entón hai que enganalas co plástico éste...
- Ai non?
- Non ho! Está proibido. Se vén o juardarríos... multa!
- E porque esta proibido?
- Porque está proibido!
- ...
- Oiches, o ano pasado collínche eiqui unha de quilo catrocentos. Era preciosa...
- ...
- E tamén che collín unha de novecentos jramos...
- Carai...
- Bueno, vou pra baixo a ver se pican.
- Boa tarde.
- Boa tarde.

quinta-feira, 13 de agosto de 2009

Branco e preto // vrans pasados






... de río e de árbores, de auga fresca e area mollada...

quinta-feira, 6 de agosto de 2009

Negativos vellos







Fai pouco, quixen usar unha cámara, e vin que tiña un carrete pósto... Xa non é a primeira vez que me pasa, claro. Leveino a revelar a ver qué contiña, si é que tiña algo, e sí, había unhas fotos de hai polo menos 3 anos. Por iso algunhas teñen esa cor tan ... "vintage".
O gato negro que sae nunha foto (Crispín) xa morreu o ano pasado, e a mazanceira podada das fotos, tamén morreu xa hai tempo, tanto que logo puxemos outra e partiu e agora temos outra (pequeniña, claro)...
E digo eu: que présa temos sempre en ver canto antes as fotos reveladas... dése xeito non se lle dá tanta importancia... Eu dígovos que gardedes os carretes (si é que alguén os sigue usando :) ) e os reveledes de alí a un ano!!