quarta-feira, 1 de julho de 2009

MAD 009






Esta pasada fin de semán voltei pasar por Madrid, para asistir, xunto cos meus compañeiros de curre, ao MAD009, un "congreso" de deseño grafico-ilustracion-web-comunicación, onde estiveron de ponentes xente xenial como Alex Trochut, o Grupo W, Johnny Kelly e Herraiz & Soto; éstos sobre todo, porque si chegaron onde están, é gracias ó seu traballo e ó seu empeño diario en tirar pra diante a pesar das dificultades que se crucen no camiño. Aprendemos moito, e non soamente no aspecto profesional. Néste congreso vin que o público aproba o traballo ben feito, pero sobre todo, a humildade das persoas que o fan.

quarta-feira, 17 de junho de 2009

RAIGAME # 09






Este ano non fun á mani pola língua, a pesar de que este ano a nosa presenza era fundamental. A causa pola que non fun era que xa me comprometera a ir ao Raigame, a bailar, coma o ano pasado, co grupo de baile de Ribadavia.
Non defraudou, o tempo estuvo xenial, aguantou sen chover toda a tarde, mágoa que choveu forte xusto cando estaban actuando as "estrelas" da romería, os de castro floxo (o grupo d@s nos@s mestres de baile e musica tradicional).
Pasámolo xenial bailando, a pesar da equivocación ó empezar o primeiro (eso pasou por poñernos a aturuxar antes de empezar e xa nos despistamos nós e tamén ó gaiteiro!), no xantar igual, non faltou pulpo, licor cafe, nin musica nin baile. Cos regueifeiros escachamos a rir... en fin, xenial.

Aqui deixo unha mostra do traballo que reproducen o que se facía antigamente co liño:

segunda-feira, 8 de junho de 2009

terça-feira, 2 de junho de 2009

Flores a encher








Aí vén o maio de flores cuberto...

Maio xa se foi e deixounos moitísimas flores! bueno, as mimosas son de febreiro...

Va que alegran a vista??

quinta-feira, 28 de maio de 2009

POLAROIDS










Éstas son algunhas (falta unha) das Polaroids (en gran formato), que teño no Estudio Arte da Rocío, e creo que van estar ate esta fin de semán, xa que logo vánse para o Aljama (pa enfrente). Todo na vila de Ribadavia.
Espero que vos gusten!

quarta-feira, 27 de maio de 2009

LUBITEL 120 // FEITA NA CCCP






Pois éstas son as primeiras fotos que fixen coa Lubitel "Comunista". Falla algo o enfoque e tal pero bueno, funciona ben !

As fotos xa son de febreiro...

sexta-feira, 15 de maio de 2009

HAI QUE DEFENDE-LA LÍNGUA, QUE É A ARMA DO POBO



Néste ano, ningún outro poema, escrito, carta, documento, manifesto... expresa tan ben o que sinto como éste.

A língua é a arma máis forte que tén un pobo. Sen ela, estamos desprotexid@s.

E non só hai que defendéla no día 17, senón tamén no 18, no 19, no 20... tódolos días.