sexta-feira, 7 de março de 2008
sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008
NON AOS TRANSXÉNICOS

Máis ou menos tod@s sabemos de que vai isto dos alimentos transxénicos.
Pero sería bo que nos informáramos máis:
Un transxénico (Organismo Modificado Xenéticamente, OMX) é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando os seus xens. A diferencia fundamental coas técnicas tradicionais de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza.
Algúns dos perigos déstos cultivos para o medio ambiente e a agricultura son o incremento do uso de tóxicos na agricultura, a contaminación xenética, a contaminación do solo, a pérda de biodiversidade, o desenrolo de resistencias en insectos e "malas herbas" ou os efectos no desexados en outros organismos. Os efectos sobre os ecosistemas son irreversibles e imprevisibles.
Os riscos sanitarios a longo prazo dos OMX presentes na nosa alimentación ou na dos animais cuios productos consumimos, non se están avaliando correctamente e o seu alcance sigue sendo descoñecido. Novas alerxias, aparición de novos tóxicos e efectos inesperados son algúns dos riscos.
Eu sei que non tod@s podemos cultivar os nosos propios alimentos, porén, convídovos a consumir alimentos ecolóxicos e alimentos libres de OMX.Para elo, Greenpeace vén de actualizar a súa Guia de alimentos transxénicos que podedes descargar dende a súa web:
http://www.greenpeace.org/espana/reports/gu-a-roja-y-verde
Tendes máis info aquí:
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/transgenicos
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/transgenicos/consumo/gu-a-roja-y-verde
Ah, e aqui tamen hai cousas moi interesantes e moi fáciles de levar a cabo:
"como ser verde":
http://www.colaboracongreenpeace.org/howToBeGreen.htm
segunda-feira, 25 de fevereiro de 2008
Tardes de domingo
Normalmente, os domingos á tarde saímos a pasear. Descubrimos a comarca ós poucos. Onte fomos por onde baixa o regato Maquiáns antes de chegar á Veronza, antes de que a N-120 lle pase por riba. É un sitio fermoso, o malo é que estaba todo mollado e non poidemos avanzar moito. Hai un conxunto de muiños en estado ruinoso, pero cubertos de musgo. Había unha grande gama de verdes, e máis ainda ó estar todo húmido.Parece que ainda me cheira a mimosa.
Logo fomos cara abaixo, cara a N-120 , pasamos por baixo e vimos o esperpéntico edificio!
E tamén os distintos ghalpóns e nun déles, éste peculiar párking.
quinta-feira, 7 de fevereiro de 2008
juantxu rodríguez

Juantxu Rodríguez posúe a desgraciada honra de ser o primeiro fotógrafo español free lance que mataron nun conflicto bélico. Corría pola vida como quen está só na sua casa, sen importarlle as consecuencias, pero tiña a humildade suficiente para aprender todo sobre a existencia nun só segundo: xusto o tempo que che permiten pra morrer.
por favor leede éste artigo de Maruja Torres, que, aló polo ano 90 viu caer ó seu compañeiro de traballo.
http://www.elpais.com/articulo/reportajes/ultima/foto/Juantxu/Rodriguez/elpdomrpj/20060806elpdmgrep_4/Tes
sexta-feira, 25 de janeiro de 2008
taxis rosas só pra mulheres
quinta-feira, 24 de janeiro de 2008
a cor maxenta non é libre

Inauguro este blog falando dunha nova que vin onte no vieiros (www.vieiros.com), e dí que a cor maxenta está rexistrada por Deutsche Telekom nos Paises Baixos e non se pode usar ésta cor!
Entón hai un grupo de deseñadores (www.freemagenta.nl) que montaron unha plataforma pra liberar dita cor.
A min paréceme surrealista... como vas rexistrar a cor maxenta? É coma se eu rexistro agora a cor verde...
A nova en cuestión é esta: http://www.vieiros.com/nova/63744/reivindican-a-liberacion-da-cor-maxenta
Assinar:
Postagens (Atom)
