segunda-feira, 17 de novembro de 2008

sexta-feira, 14 de novembro de 2008

Lembranzas de Escocia





Onte estiven escaneando uns negativos, e apareceron unhas fotos de cando fun a Escocia (en febreiro).
De Escocia lembro o vento, que me cortaba a pel da cara. Lembro as paisaxes tan parecidas ás nosas. Lembro as casas, os corvos, as árbores, as ovellas, os inmensos prados, as súas praias, as estradas, e a súa fermosa luz.

Con elas, continúo co blog (que teño algo abandoado), e empezo nova etapa, vou poñer fotos miñas dos distintos lugares polos que pasei. Espero ser constante.

quarta-feira, 9 de julho de 2008


Uf, levo mais de dous meses sen pór nengunha nova, a verdade, tampouco houbo novas que mereceran a pena... pero ésta, sí: un primeiro campionato de futbol sala feminino que vai ter lugar en Reus (Cat) (en setembro) e na que vai participar a nosa selección, as nosas mulleres!
Esta sí que é unha representación!

sexta-feira, 25 de abril de 2008

Sempre 25 de abril


O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na Guerra Colonial. Considérase, en termos xerais, que esta revolución devolveu a liberdade ó pobo portugués (denominándose "Día da Liberdade" ó día conmemorativo instituído en Portugal para recordar a revolución). A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis ós soldados e estes os puxeron nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución.

(tirado da wikipedia-galipedia)

quinta-feira, 17 de abril de 2008

Dia mundial da Loita Campesiña


O 17 de abril foi declarado Día Internacional da Loita Campesiña durante a Segunda Conferencia da Vía Campesiña en Tlaxcala, México, en recordo do masacre de 19 campesiños sen terra do Movemento de Traballadores Rurales Sen Terra (MST) en Brasil o 17 de abril de 1996.

Nos tempos que corren, deberíamos ter máis conciencia social e apoiar éste tipo de actos, e sobre todo, apoiar o sector primario, xa que é do que vivimos tod@s.

O Coto do Frade organiza unhas charlas e máis cousas o dia 18 de abril, a partir das 20:30 h, no Aljama.

quarta-feira, 16 de abril de 2008

O embalse de Castrelo (antes de)



Hoxe lembreime da foto de Castrelo antes de construírse o embalse, busqueina en internet e aquí está.

O embalse foi construído nos anos 60, baixo mandato de Franco.

Éstas son verbas de José Posada, nun artigo titulado "O Miño , pai do viño":
"A historia máis recente de Galiza decidíuse polos quilovátios en prexuízo do viño. A presa de Castrelo anegou as mellores terras de Galiza."