quarta-feira, 11 de março de 2009


O Día Internacional da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo. Néste día, conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. É festa nacional nalgúns países.

A idea dun día Internacional da Muller, xurdiu ao final do século XIX, en plena revolución industrial e auxe do movemento obreiro. A celebración recolle unha loita xa emprendida na antiga Grecia pos Lisístrata, quen empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra, e reflexada na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade", marcharon cara Versalles para esixir o sufraxio feminino. Pero non foi ata os primeiros anos do século XX cando se comenzou a proclamar, dende diferentes internacionais de esquerda, a celebración dunha xornada de loita específica para a muller e os seus dereitos.

(Se queredes ler máis: http://es.wikipedia.org/wiki/Dia_Internacional_de_la_Mujer)

terça-feira, 3 de março de 2009

Achéganse os tempos escuros



Facía falta algo así para que eu volte a escribir néste blogue? talvez...

Parece que voltamos ós tempos escuros. Pero o pobo manda, e manda de carallo. Désta vez, de mans de "novos pijos españolitos afincados en las tierras gallegas porque no podemos irnos a madrid y no queremos hablar el gallego". Porque que a xente vote PP, vale. Pero que a xente vote UPyD... xa me toca os ovarios. Que carallo ven pintar UPyD á nosa terra?? E obtivo 23,500 votos, que non é broma.

Ben, moita xente, agora, láiase de que o bipartito non fixo gran cousa, etc. E que en 4 anos non se pode remendar o descosido de todolos anos do goberno fraga, que foron moitos. Cousas mal feitas houbo, pero bóas, tamen, e moitas. Que o señorito Feixón vai facer desaparecer en canto entre a mandar o primeiro de abril.
Cousas que eran soños e nunca se pensara que se levarían a cabo, como: a selección nacional de futbol (e os partidos, etc, agora volveremos a berrar as consignas de antes: "selección galega xa!"), as galescolas (un soño que se vai convertir nun autentico pesadelo: vanse convertir en garderías de "mancomunidades rogelistas". Agora que ós nenos lles falaban en galego, aprendian xogos na nosa lingua, etc... vaise voltar ao de antes) o bantegal (outro soño máis, outro proxecto que nos queren copiar paises nordicos, franza, inglaterra.. E que éstes caciques destrozarán facéndolles creer á xente que lles ían roubar as terras). O "vai de camiño" o proxecto "en saio", todo o apoio que tivo a musica e os grupos galegos (non so folk, ollo), váise ao garete. o certame "gz crea", para os novos valores de todo o eido artistico... e, talvez, o máis importante de todos: o decreto do galego. Temos dereito a vivir en galego!

podo seguir e non pararía...