quinta-feira, 23 de julho de 2009

BECHOS






O marabilloso mundo dos insectos!

sexta-feira, 10 de julho de 2009

No país da brétema







Temos a sorte de vivir nun país húmido, verde, e gris ao mesmo tempo. O país dos mil rios, das mil fontes. Outra seña da nosa identidade. Como a língua. Que, se non os coidamos entre tod@s, acabarán desaparecendo, e o único que conseguiremos con eso será que se borren estos sinais de identidade que fomos conservando ate agora a traves dos séculos, impostos e coidados con cariño polos nosos antergos.

Temos país propio, e queremos vivir nél. Temos língua própia, e queremos vivir con ela.

(Fotos tomadas no concello de Covelo, no mes de abril)

quarta-feira, 1 de julho de 2009

MAD 009






Esta pasada fin de semán voltei pasar por Madrid, para asistir, xunto cos meus compañeiros de curre, ao MAD009, un "congreso" de deseño grafico-ilustracion-web-comunicación, onde estiveron de ponentes xente xenial como Alex Trochut, o Grupo W, Johnny Kelly e Herraiz & Soto; éstos sobre todo, porque si chegaron onde están, é gracias ó seu traballo e ó seu empeño diario en tirar pra diante a pesar das dificultades que se crucen no camiño. Aprendemos moito, e non soamente no aspecto profesional. Néste congreso vin que o público aproba o traballo ben feito, pero sobre todo, a humildade das persoas que o fan.