segunda-feira, 29 de dezembro de 2008

quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

A Covelo á neve










Unha imaxe vale máis que mil verbas, non? pois aí van várias imaxes!

segunda-feira, 17 de novembro de 2008

sexta-feira, 14 de novembro de 2008

Lembranzas de Escocia





Onte estiven escaneando uns negativos, e apareceron unhas fotos de cando fun a Escocia (en febreiro).
De Escocia lembro o vento, que me cortaba a pel da cara. Lembro as paisaxes tan parecidas ás nosas. Lembro as casas, os corvos, as árbores, as ovellas, os inmensos prados, as súas praias, as estradas, e a súa fermosa luz.

Con elas, continúo co blog (que teño algo abandoado), e empezo nova etapa, vou poñer fotos miñas dos distintos lugares polos que pasei. Espero ser constante.

quarta-feira, 9 de julho de 2008


Uf, levo mais de dous meses sen pór nengunha nova, a verdade, tampouco houbo novas que mereceran a pena... pero ésta, sí: un primeiro campionato de futbol sala feminino que vai ter lugar en Reus (Cat) (en setembro) e na que vai participar a nosa selección, as nosas mulleres!
Esta sí que é unha representación!

sexta-feira, 25 de abril de 2008

Sempre 25 de abril


O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na Guerra Colonial. Considérase, en termos xerais, que esta revolución devolveu a liberdade ó pobo portugués (denominándose "Día da Liberdade" ó día conmemorativo instituído en Portugal para recordar a revolución). A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis ós soldados e estes os puxeron nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución.

(tirado da wikipedia-galipedia)

quinta-feira, 17 de abril de 2008

Dia mundial da Loita Campesiña


O 17 de abril foi declarado Día Internacional da Loita Campesiña durante a Segunda Conferencia da Vía Campesiña en Tlaxcala, México, en recordo do masacre de 19 campesiños sen terra do Movemento de Traballadores Rurales Sen Terra (MST) en Brasil o 17 de abril de 1996.

Nos tempos que corren, deberíamos ter máis conciencia social e apoiar éste tipo de actos, e sobre todo, apoiar o sector primario, xa que é do que vivimos tod@s.

O Coto do Frade organiza unhas charlas e máis cousas o dia 18 de abril, a partir das 20:30 h, no Aljama.

quarta-feira, 16 de abril de 2008

O embalse de Castrelo (antes de)



Hoxe lembreime da foto de Castrelo antes de construírse o embalse, busqueina en internet e aquí está.

O embalse foi construído nos anos 60, baixo mandato de Franco.

Éstas son verbas de José Posada, nun artigo titulado "O Miño , pai do viño":
"A historia máis recente de Galiza decidíuse polos quilovátios en prexuízo do viño. A presa de Castrelo anegou as mellores terras de Galiza."



segunda-feira, 14 de abril de 2008

As dúas marías


A estatua das Dúas Marías está situada na Alameda de Compostela, e é ben coñecida por todos.
Pero tal vez non coñezamos a súa historia:
Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño, foron dúas mulleres que en plena ditadura escandalizaban os poderes estabelecidos coa súa actitude provocadora e as súa roupa de cores. Na mente de todos ficaron como dúas tolas, pero detrás de todo iso hai unha historia de represión política na guerra e na postguerra.
Saían a pasear todos os días pola zona vella ás dúas da tarde ('as dúas en punto', así chamábanas). O xeito en que ían vestidas, con cores moi vivas, era todo un espectáculo para a época, sobre todo tratándose de dúas mulleres, e sobre todo tratándose de Compostela, que, nos anos 50 e 60 era unha cidade moi gris, en moitos sentidos, e entre a cor da pedra e que a xente ía vestida de negro e gris, de maneira moi austera, daba a impresión de ser unha cidade moi triste. Elas dúas eran a cor nese mundo gris.
A verdadeira razón de por que vestían así, ou se estaban tolas ou non, só o saben elas. Pero hai unha serie de feitos históricos que de seguro influíron.
Na familia Fandiño Ricart eran once irmáns, e cando menos tres deles eran militantes moi destacados da CNT en Galiza, tan destacados que un deles, Antonio Fandiño, chegou a ter responsabilidades moi importantes na CNT a nivel estatal durante a guerra. No 36 un dos irmán foi paseado, e outros dous fuxiron e estiveron agachados durante anos, sendo finalmente detidos e encarcerados.
A policía presionounas moito a elas dúas, para que revelasen onde se agachaban os seus irmáns. Foron torturadas pola policía, e dise que unha delas foi violada no Pedroso. Pódese entender que en parte a súa 'loucura' ou a súa actitude estraña partise de aí, ou tamén poderiamos pensar que a 'loucura' fose simplemente un disfrace que elas usaban para sobrevivir nesa situación tan dura. Había unha represión directa, e había outras formas de represión; elas eran costureiras, pero despois da guerra as familias 'ben' de Santiago deixaron de facerlles encargos, por pertencer elas á familia á que pertencían, por pertencer aos vencidos.
Despois da Guerra vivían moi mal, pero ían aguantando grazas á caridade e á axuda de moitas persoas da cidade. Pero era un tipo de caridade moi particular: porque non estaba ben visto darlles publicamente unha axuda, e porque elas non a aceptarían, entón a xente deixáballes cartos en comercios da cidade. E así deberon subsistir ate que morreron, nos anos 80.

Tirado do Vieiros de hoxe.
http://www.vieiros.com/nova/65827/as-duas-marias-unha-vida-de-resistencia-fronte-a-represion-franquista

sexta-feira, 7 de março de 2008

sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008

NON AOS TRANSXÉNICOS


Máis ou menos tod@s sabemos de que vai isto dos alimentos transxénicos.
Pero sería bo que nos informáramos máis:

Un transxénico (Organismo Modificado Xenéticamente, OMX) é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando os seus xens. A diferencia fundamental coas técnicas tradicionais de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza.

Algúns dos perigos déstos cultivos para o medio ambiente e a agricultura son o incremento do uso de tóxicos na agricultura, a contaminación xenética, a contaminación do solo, a pérda de biodiversidade, o desenrolo de resistencias en insectos e "malas herbas" ou os efectos no desexados en outros organismos. Os efectos sobre os ecosistemas son irreversibles e imprevisibles.

Os riscos sanitarios a longo prazo dos OMX presentes na nosa alimentación ou na dos animais cuios productos consumimos, non se están avaliando correctamente e o seu alcance sigue sendo descoñecido. Novas alerxias, aparición de novos tóxicos e efectos inesperados son algúns dos riscos.

Eu sei que non tod@s podemos cultivar os nosos propios alimentos, porén, convídovos a consumir alimentos ecolóxicos e alimentos libres de OMX.
Para elo, Greenpeace vén de actualizar a súa Guia de alimentos transxénicos que podedes descargar dende a súa web:
http://www.greenpeace.org/espana/reports/gu-a-roja-y-verde

Tendes máis info aquí:
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/transgenicos
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/transgenicos/consumo/gu-a-roja-y-verde

Ah, e aqui tamen hai cousas moi interesantes e moi fáciles de levar a cabo:
"como ser verde":
http://www.colaboracongreenpeace.org/howToBeGreen.htm

segunda-feira, 25 de fevereiro de 2008

Tardes de domingo

Normalmente, os domingos á tarde saímos a pasear. Descubrimos a comarca ós poucos. Onte fomos por onde baixa o regato Maquiáns antes de chegar á Veronza, antes de que a N-120 lle pase por riba. É un sitio fermoso, o malo é que estaba todo mollado e non poidemos avanzar moito. Hai un conxunto de muiños en estado ruinoso, pero cubertos de musgo. Había unha grande gama de verdes, e máis ainda ó estar todo húmido.
Parece que ainda me cheira a mimosa.
Logo fomos cara abaixo, cara a N-120 , pasamos por baixo e vimos o esperpéntico edificio!
E tamén os distintos ghalpóns e nun déles, éste peculiar párking.

quinta-feira, 7 de fevereiro de 2008

juantxu rodríguez


Juantxu Rodríguez posúe a desgraciada honra de ser o primeiro fotógrafo español free lance que mataron nun conflicto bélico. Corría pola vida como quen está só na sua casa, sen importarlle as consecuencias, pero tiña a humildade suficiente para aprender todo sobre a existencia nun só segundo: xusto o tempo que che permiten pra morrer.

por favor leede éste artigo de Maruja Torres, que, aló polo ano 90 viu caer ó seu compañeiro de traballo.

http://www.elpais.com/articulo/reportajes/ultima/foto/Juantxu/Rodriguez/elpdomrpj/20060806elpdmgrep_4/Tes

sexta-feira, 25 de janeiro de 2008

taxis rosas só pra mulheres


Hoxe vin nunha revista que hai un servizo de taxis en Londres só pra mulleres, conducidos por mulleres, e onde as mulleres se sinten mais seguras.
A min a idea gústame, e os taxis tamén!

http://www.eurotaxnet.nl/pinkladies_uk-nl.html

quinta-feira, 24 de janeiro de 2008

a cor maxenta non é libre


Inauguro este blog falando dunha nova que vin onte no vieiros (www.vieiros.com), e dí que a cor maxenta está rexistrada por Deutsche Telekom nos Paises Baixos e non se pode usar ésta cor!
Entón hai un grupo de deseñadores (www.freemagenta.nl) que montaron unha plataforma pra liberar dita cor.
A min paréceme surrealista... como vas rexistrar a cor maxenta? É coma se eu rexistro agora a cor verde...

A nova en cuestión é esta: http://www.vieiros.com/nova/63744/reivindican-a-liberacion-da-cor-maxenta