sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008

NON AOS TRANSXÉNICOS


Máis ou menos tod@s sabemos de que vai isto dos alimentos transxénicos.
Pero sería bo que nos informáramos máis:

Un transxénico (Organismo Modificado Xenéticamente, OMX) é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando os seus xens. A diferencia fundamental coas técnicas tradicionais de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza.

Algúns dos perigos déstos cultivos para o medio ambiente e a agricultura son o incremento do uso de tóxicos na agricultura, a contaminación xenética, a contaminación do solo, a pérda de biodiversidade, o desenrolo de resistencias en insectos e "malas herbas" ou os efectos no desexados en outros organismos. Os efectos sobre os ecosistemas son irreversibles e imprevisibles.

Os riscos sanitarios a longo prazo dos OMX presentes na nosa alimentación ou na dos animais cuios productos consumimos, non se están avaliando correctamente e o seu alcance sigue sendo descoñecido. Novas alerxias, aparición de novos tóxicos e efectos inesperados son algúns dos riscos.

Eu sei que non tod@s podemos cultivar os nosos propios alimentos, porén, convídovos a consumir alimentos ecolóxicos e alimentos libres de OMX.
Para elo, Greenpeace vén de actualizar a súa Guia de alimentos transxénicos que podedes descargar dende a súa web:
http://www.greenpeace.org/espana/reports/gu-a-roja-y-verde

Tendes máis info aquí:
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/transgenicos
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/transgenicos/consumo/gu-a-roja-y-verde

Ah, e aqui tamen hai cousas moi interesantes e moi fáciles de levar a cabo:
"como ser verde":
http://www.colaboracongreenpeace.org/howToBeGreen.htm

2 comentários:

Su disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Su disse...

Totalmente d'acordo..todavía non sei que necesidade hai de comer "algo" con sabor a laranxa pero con forma de limón ou unha sandía cuadrada...

P.D. Vaia lío montei, escribín un comentario, logo borreino non sei como... en fin...

Saudiños ;D