



Esta pasada fin de semán voltei pasar por Madrid, para asistir, xunto cos meus compañeiros de curre, ao MAD009, un "congreso" de deseño grafico-ilustracion-web-comunicación, onde estiveron de ponentes xente xenial como Alex Trochut, o Grupo W, Johnny Kelly e Herraiz & Soto; éstos sobre todo, porque si chegaron onde están, é gracias ó seu traballo e ó seu empeño diario en tirar pra diante a pesar das dificultades que se crucen no camiño. Aprendemos moito, e non soamente no aspecto profesional. Néste congreso vin que o público aproba o traballo ben feito, pero sobre todo, a humildade das persoas que o fan.