quarta-feira, 17 de junho de 2009

RAIGAME # 09






Este ano non fun á mani pola língua, a pesar de que este ano a nosa presenza era fundamental. A causa pola que non fun era que xa me comprometera a ir ao Raigame, a bailar, coma o ano pasado, co grupo de baile de Ribadavia.
Non defraudou, o tempo estuvo xenial, aguantou sen chover toda a tarde, mágoa que choveu forte xusto cando estaban actuando as "estrelas" da romería, os de castro floxo (o grupo d@s nos@s mestres de baile e musica tradicional).
Pasámolo xenial bailando, a pesar da equivocación ó empezar o primeiro (eso pasou por poñernos a aturuxar antes de empezar e xa nos despistamos nós e tamén ó gaiteiro!), no xantar igual, non faltou pulpo, licor cafe, nin musica nin baile. Cos regueifeiros escachamos a rir... en fin, xenial.

Aqui deixo unha mostra do traballo que reproducen o que se facía antigamente co liño:

Um comentário:

ainhoa disse...

espero que bailarades tamén por nós (sabemos que comestes e bebestes por nós tamén).
o ano que ven desquitarémonos...
a ver se colgas máis fotos por eiquí ou no flicker.
estas, preciosas.
um beijinho.
braulio e ainhoa