quinta-feira, 6 de agosto de 2009

Negativos vellos







Fai pouco, quixen usar unha cámara, e vin que tiña un carrete pósto... Xa non é a primeira vez que me pasa, claro. Leveino a revelar a ver qué contiña, si é que tiña algo, e sí, había unhas fotos de hai polo menos 3 anos. Por iso algunhas teñen esa cor tan ... "vintage".
O gato negro que sae nunha foto (Crispín) xa morreu o ano pasado, e a mazanceira podada das fotos, tamén morreu xa hai tempo, tanto que logo puxemos outra e partiu e agora temos outra (pequeniña, claro)...
E digo eu: que présa temos sempre en ver canto antes as fotos reveladas... dése xeito non se lle dá tanta importancia... Eu dígovos que gardedes os carretes (si é que alguén os sigue usando :) ) e os reveledes de alí a un ano!!

Um comentário:

Su disse...

Que razón tes! Pero a min pódeme a curiosidade!! Estou buscando en ebay unha cámara analóxica... por eso la ilusión de levar un carrete a revelar...
Bicos!