sexta-feira, 14 de agosto de 2009

O rio Arenteiro // Pazos



- Boas tardes
- Boas tardes
- Andades a tomar o sol?
- Si, o sol e a sombra...
- Moi ben, eu vou ver se engano a algunha por aí...
O pescador viña coa súa cana, apareceu de súpeto, entre as rochas das beiras do caudaloso Arenteiro. Andaba lixeiro, seguro que se vai camiñando cos ollos pechados, non cae. Tantos anos percorrendo ese río na procura de troitas... imaxino.
- E logo eiquí que hai? peixe?
- Troita
- Hai troita?? Ainda queda algunha?
- Ainda, pero menos. Antes había máis. No Avia hai máis. Pero agora hai xente alí... (sinala coa cabeza cara a dereita e cara atrás, cara unha zona do río (xa xuntado co Avia) onde nos soemos poñer, unha pequena praíña).
Ademáis agora non se pode andar ca miñoca... entón hai que enganalas co plástico éste...
- Ai non?
- Non ho! Está proibido. Se vén o juardarríos... multa!
- E porque esta proibido?
- Porque está proibido!
- ...
- Oiches, o ano pasado collínche eiqui unha de quilo catrocentos. Era preciosa...
- ...
- E tamén che collín unha de novecentos jramos...
- Carai...
- Bueno, vou pra baixo a ver se pican.
- Boa tarde.
- Boa tarde.

2 comentários:

p. disse...

da 'miñoca' ó 'plastiquito', como mudan os tempos... dende logo nesta vida hai que saber solfa... demo de juardarríos!

moi chusqueiro teu blogue :-P
ro-si-ña!

Su disse...

¡Que fresquiño!